A orixe está nun 23 de abril, nunha familia rural de 4 xeracións: bisavós, avós, pais e fillos…, todo un privilexio.

Foi en Compostela dezaoito anos despois(USC) onde comecei a poñer os alicerces teóricos desta arte de esfrangullar e facer sinxelo aquilo que semella insuperable.

O perfeccionamento chegoume da man de José Antonio Rios (Stirpe), primeiro en Compostela e logo en Madrid... o verdadeiro responsable da miña andaina coas familias.

Unha das ansias profesionais que quizais mellor me defina, é a procura da sinxeleza e a pureza no exercicio do meu traballo, sen complexidades nin sofisticacións de balde... como dicía Freud “ás veces, un puro é somentes un puro”.


Warning: Unknown: write failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0

Warning: Unknown: Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/tmp) in Unknown on line 0